Thursday 25 de April de 2024

A carreira Costa Ártabra obriga a cortar un carril da avenida Che Guevara o domingo pola mañá


Este domingo terá lugar a carreira Costa Ártabra entre Oleiros e A Coruña. A saída efectuarase nas inmediacións do parque As Trece Rosas, ás 10:00 horas, e está prevista a participación de 554 deportistas.

Debido á realización desta proba deportiva será necesario cortar a circulación da avenida Che Guevara no carril dirección saída de Oleiros, desde as 9.45 ata as 10.30 horas, aproximadamente. O corte irá desde a rotonda do Gadis ata a ponte Pasaxe, abríndose progresivamente ao tráfico a medida que os últimos corredores vaian avanzando. Para evitar o corte, recoméndase empregar a estrada da Igrexa de Liáns.

Esta carreira, organizada por BOXFIT e CASCO, pretende dar visibilidade á loita contra o VIH e a importancia do deporte como instrumento de inclusión.